martes, 30 out 2018
O alcalde adiantou que a medida, que afectará ao Casco Vello, a zona histórica de Bouzas e o Ensanche, será aprobada este venres pola Xerencia de Urbanismo co fin de eliminar as parcelas "abandonadas e en pésimo estado do centro da cidade".
martes, 30 out 2018
O alcalde visitou este martes aos 132 traballadores da primeira quenda, aos que se engadirán outros 106 que comezarán en próximos días. Abel Caballero puxo en valor un programa que conxuga emprego coa transformación da cidade.
martes, 30 out 2018
A Xunta de Goberno Local tomará coñecemento este mércores da interposición do recurso contencioso-administrativo contra a resolución da Xunta de Galicia que desestima a petición do Concello para aplicar a "Lei Vigo" e poder executar o acceso ao Colexio Párroco don Camilo, en San Andrés de Comesaña.
martes, 30 out 2018
O alcalde valorou este martes a "magnífica" reunión celebrada onte coa ministra de Facenda, que supuxo avances no teito de gasto, no investimento do superávit, na liquidación do IVE e na devolución da plusvalía. Abel Caballero cifrou o beneficio para Vigo entre os 5 e 7 millóns.
martes, 30 out 2018
O 15 de decembro, a primeira edición deste festival de música independente ofrece no IFEVI doce horas de música ininterrompida, alternando concertos (Mando Diao, Viva Suecia ou Cycle) cos DJSet de Belle and Sebastian, Foals o Peter Hook.
martes, 30 out 2018
Abel Caballero inaugurou este martes unha exposición fotográfica que percorre o patrimonio cultural, xeolóxico e histórica das Illas Cíes ao longo de preto de 40 paneis. O obxectivo da mostra, situada na peonil do Calvario, é achegar á cidadanía a riqueza natural e patrimonial do arquipélago vigués, dentro da promoción para converterse en Patrimonio da Humanidade. <br />
martes, 30 out 2018
Abel Caballero recibiu a unha representación dos clubs que participarán na Liga Concello de Vigo 18/19 de fútbol 8, que non é competitiva, prevista os sábados dende o vindeiro 10 de novembro ata o 1 de xuño no complexo deportivo municipal de Samil.
martes, 30 out 2018
Un servizo especial de transporte urbano porase en marcha este xoves 1 de novembro para facilitar o desprazamento de pasaxeiros ata os cemiterios da cidade. Ademais, as liñas regulares máis demandadas disporán dun servizo de ampliación de frecuencia.