O alcalde confía en obter "en meses" a alta tensión para PSA e anuncia máis solo industrial

mércores, 13 feb 2019

Logo dunha reunión co novo xerente da planta, Abel Caballero trasladou "todo o apoio" á demanda da empresa e manifestou ter "toda a confianza" en conseguila en "meses", pois as conversas co secretario de Estado de Enerxía foron "alentadoras". O rexedor informou ademais da solicitude da "lei Vigo" para ampliar o espazo de PSA e avanzou a súa vocación de incrementar o solo industrial en Vigo.