Abel Caballero recibe ao delegado de Zona Franca en Barcelona
O alcalde mantivo un encontro este mércores con Pere Navarro e co delegado de Zona Franca en Vigo, David Regades, con quen abordou a marcha "certamente notable" das dúas entidades.
O rexedor olívico reuniuse con Pere Navarro, delegado de Zona Franca en Barcelona, que estivo acompañado por David Regades, delegado de Zona Franca en Vigo cos que tivo a oportunidade de tratar os proxectos e a evolución dos dous organismos que cualificou como "certamente notable" ao seren "dous bos exemplos de entidades dinamizadoras da economía e lanzadoras de sendas de creación de actividade económica".
Caballero puxo en valor o solo desenvolvido desde a Zona Franca de Vigo fronte á desatención da Xunta de Galicia que "non investiu nin un euro en solo industrial" na urbe e esixiu ao Goberno Autonómico "compromiso coa cidade, coa industria da cidade" en referencia á situación de Barreiras "onde non o están amosando, abandonando a súa responsabilidade na industria naval de Vigo".
Descargar todas as imaxes