xoves, 9 xaneiro 2020

As obras da Porta do Sol comezarán a semana do 20 de xaneiro con desvíos de tráfico e catas de servizos

A peonalización da Porta do Sol arrancará na semana do 20 de xaneiro con tarefas simultáneas que van desde o desvío do transporte público, ata a ubicación dunha nova parada na rúa Reconquista pasando pola retirada do mobiliario urbano e a colocación de vallas. O orzamento das obras elévase a 17 millóns de euros, cofinanciados con fondos Feder da UE dentro do proxecto Edusi-Vigo Vertical.