Escoitar

O alcalde inicia contactos co novo Goberno reuníndose coa presidenta de ADIF

Abel Caballero e Isabel Pardo de Vera manterán un encontro o vindeiro martes, día 14, en Madrid para abordar todos os temas pendentes na cidade sendo ADIF, DIXO, "o principal inversor en Vigo".

xoves, 9 xan 2020
1578577676090120Alcalderueda_01.JPG
O rexedor anunciou este xoves que o vindeiro martes, día 14, inicia unha ronda de contactos co novo Goberno celebrando unha reunión en Madrid coa presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera con quen revisará "todos os temas que temos pendentes na cidade desde ADIF, que é neste momento, o principal inversor nesta cidade".

Caballero recalcou a importancia do investimento de ADIF en Vigo "a séculos luz do seguinte, que é o Concello e onde a Xunta practicamente non existe", polo que "quero que a miña primeira visita a Madrid sexa á presidenta de ADIF".

Con este primeiro encontro, o alcalde de Vigo inicia "unha batería de reunións para retomar todo, para asegurarnos que todo segue nas datas previstas, malia que con ADIF xa está todo acordado, firmado e conveniado; absolutamente todo" polo que recoñeceu a xenerosidade do organismo con Vigo ao comprometerse a realizar as obras de entrada do tren alta velocidade, o túnel, a estación do tren, a entrada e saída da autoestrada ou a senda verde, "todo entregado e feito coa maior cooperación unha vez que cambiou o goberno", sentenciou Caballero.
1578577676090120Alcalderueda_01.JPG
1578577678090120Alcalderueda_01.JPG
Descargar todas as imaxes