Vigo volve situarse á cabeza das cidades españolas no período de pago a provedores
Os datos de outubro deste ano, ofrecidos este venres por Abel Caballero en rolda de prensa, relevan que o Concello abonou as súas facturas en 12 días, o prazo máis curto das urbes españolas. O alcalde puxo en valor esta cifra, facendo o Concello fronte a uns 4.500 pagos cada mes.
Abel Caballero subliñou que os 12 días nos que o Concello de Vigo abonou as súas facturas de media en outubro revelan a "magnífica dinámica financeira" da administración local viguesa, que continúa liderando as cidades españolas.
O alcalde salientou a importancia de pagar con celeridade aos provedores, tanto pola liquidez destes como polo volume de abonos que realiza o Concello. Cada mes, Vigo comproba e abona uns 4.500 pagos, por importe medio mensual de entre 12 e 15 millóns de euros, o maior volume de movementos financeiros dunha administración local en Galicia.
O Concello de Vigo presenta o período de pago máis breve de Galicia e do resto de España, contando todas as capitais de provincia e as cidades de máis de 100.000 habitantes. Resaltou Caballero que Vigo ten un prazo mellor que cidades e administracións con máis recursos, como a Xunta de Galicia, Madrid, Barcelona, Valencia, Málaga, Zaragoza, Valladolid ou Xixón.