martes, 4 decembro 2018

Actos do 25 aniversario do Consello Municipal da Muller

martes, 4 dec 2018

Hoxe, 4 de decembro, comezan os actos conmemorativos do 25 aniversario da constitución do Consello Municipal da Muller, cunha xornada de convivencia para mulleres, no Hotel Coia. O 2 de decembro de 1993 nace o Consello, como unha iniciativa pioneira en todo o estado e co obxecto de garantir o dereito á participación na vida municipal das cidadás viguesas como colectivo social.