mércores, 5 decembro 2018

Caballero manterá un encontro con Pedro Sánchez o 20 de decembro para falar de municipalismo

O alcalde de Vigo exporá ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, as principais demandas municipalistas, entre as que destaca o novo finanzamento local, a ampliación de competencias ou a flexibilización da regra de gasto. Precisamente, hoxe mesmo, Abel Caballero presidiu por parte da FEMP no Ministerio de Facenda a primeira reunión do grupo de traballo sobre regra de gasto tras a que destacou que o Goberno xa está estudando as modificacións en teito de gasto. <br />