Inauguración da exposición "O Planeta da Igualdade" no Verbum

martes, 13 mar 2007

Lucía Molares, concelleira delegada da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo para o Proxecto Conta con Elas, inaugurou hoxe a exposición O planeta da igualdade" nos cubos "M" e "LL" no museo Verbum-Casa das Palabras. Esta exposición ponse en marcha coa colaboración da Concellería da Muller do Concello de Vigo.

Inicio do obradoiro "Bancos do Tempo"

mércores, 21 feb 2007

Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, inaugurará o xoves ás 16.00 horas no Citic o obradoiro de formación do Proxecto Conta con Elas "Posta en marcha e mantemento de Bancos do Tempo" co que se pretende impulsar e favorecer os intercambios de tempo na área de Vigo.

O Bus da Igualdade aparca en Vigo

luns, 20 nov 2006

O Bus da Igualdade permanecerá desde o día 20 ata o 5 de decembro nas rúas de Vigo co fin de sensibilizar en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.O Bus da Igualdade é unha iniciativa do proxecto Equal Conta con Elas da Agrupación de Desenvolvemento Área Metropolitana de Vigo.