A Asociación de Empresarios de Mos coincide co alcalde na necesidade da posta en marcha da Area Metropolitana

luns, 9 xan 2017

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión coa Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) na que "coincidiron" nas súas posicións sobre a posta en marcha da Área e do transporte metropolitano. O rexedor amosou a súa vontade de estudar a petición que lle trasladaron os empresarios de que unha liña de bus urbano se achegue ata a zona empresarial mosense próxima a Peinador, pero "lamentou" non ter interlocutor na Área porque a alcaldesa Nidia Arévalo "abandonou" o ente. <br />

Caballero salienta o "fito histórico" da constitución do goberno da Área Metropolitana

xoves, 29 dec 2016

A Xunta de Goberno da Área Metropolitana de Vigo reuniuse este xoves por primeira vez, "un fito de trascendencia innegable", segundo o alcalde vigués e presidente da Área, quen informou das primeiras decisións adoptadas: a elaboración dun plan de traballo plurianual, a elección das vicepresidencias e a tramitación da adhesión dos municipios que o teñen solicitado.

A Área Metropolitana de Vigo arranca este xoves coa primeira xunta de goberno

mércores, 28 dec 2016

Mañá xoves, ás 11 horas, reunirase por primeira vez a Xunta de Goberno Metropolitana, no edificio municipal de Areal. Na orde do día, explicou Abel Caballero este mércores, dar conta dos concellos que solicitaron a súa adhesión e a elaboración do Plan Metropolitano Cuadrienal. "A Área Metropolitana de Vigo vai empezar a tomar decisións en favor dos cidadáns", saudou o alcalde vigués.

Caballero felicita "á cidadanía" porque a Área Metropolitana de Vigo xa é unha realidade"

venres, 2 dec 2016

A Área Metropolitana de Vigo xa deu os seus primeiros pasos administrativos, requisitos formais previos a convocatoria da Xunta de Goberno, segundo explicou hoxe venres o acabado de nomear presidente. Caballero felicitou á cidadanía pola posta en marcha do ente supramunicipal ao tempo que reivindicou a súa autonomía, equiparándoo a os municipios ou deputacións.

Abel Caballero, elixido primeiro presidente da Área Metropolitana de Vigo

xoves, 1 dec 2016

A primeira sesión do ente supramunicipal proclamou presidente ao alcalde de Vigo por maioría absoluta cos votos favorables de 28 concelleiros e concelleiras metropolitanos, o voto encontra de AER e coa ausencia dos representantes do Partido Popular que abandonaron a sala. No seu discurso, Caballero destacou a importancia do acto e a vontade da Área de "mellorar a vida da súa cidadanía".