Escoitar

O alcalde sinala que a Área Metropolitana "está vixente, constituída e plenamente operativa"

Abel Caballero referiuse á resolución da Xunta publicada nos medios dado que o Concello "non foi notificado" e reiterou que o ente supramunicipal foi constituído legalmente e o seu presidente foi "legalmente e democraticamente elixido". <br />

luns, 2 xan 2017
O alcalde afirmou este luns que o Concello de Vigo non recibiu ningunha resolución da Xunta sobre a inscrición no rexistro da Área Metropolitana de Vigo, un "trámite burocrático administrativo sen consecuencia xurídica", apuntou.

Así sinalou que no Pleno celebrado o 1 de decembro a mesa de idade declarou constituída a Área Metropolitana "e non hai ningún recurso" e o secretario, como responsable da legalidade da sesión, proclamou que había abandono da mesma conforme á Lei de Réxime Xurídico.

Polo tanto, insistiu Caballero, a Área Metropolitana está "vixente, constituída e plenamente operativa" quedando "legalmente constituída cun presidente legal e democraticamente elixido e, por tanto, plenamente vixente".