Escoitar

Bando uso de artificios de pirotecnia recreativa

Ante a proximidade das Festas do Nadal, datas nas que prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos,bengalas,tracas, etc), lémbrase a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.

venres, 30 dec 2016
Lexislación aplicable:
Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá.
Real Decreto 989/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Reglamento de artículos pirotécnicos e cartuchería.

Queda prohibido:
1. A venda ou comercialización ao público de artículos pirotécnicos por persoas físicas ou xurídicas sin obter as autorizacións para a instalación e funcionamento do establecemento de venda, así como a correspondente licencia municipal. Ditas autorizacións serán esixibles en todo momento pola autoridade competente e deberán estar dispoñibles no establecemento de venda.

2. A posta a disposición e venda de artículos pirotécnicos sin catalogar e sin etiquetar debidamente de xeito visible, lexible e indeleble, ao menos en castelán; debendo figurar o nome e dirección do fabricante ou importador, o nome e tipo de artículo, a categoría correspondente, a idade mínima de venda e as instruccións para o seu correcto uso. Se o artículo non dispón de espacio suficiente para os requisitos do etiquedato a información proporcionarase na unidade de envase.

3. A venda ambulante de artificios pirotécnicos, así como a entrega fora do establecemento de venda dos productos vendidos ao público por correspondencia, teléfono ou medios informáticos.

4. A venda dos artificios a quen de xeito claro se atope baixo os efectos de bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes.

5. A comercialización dos artificios pirotécnicos a persoas con idades inferiores á mínina indicada no etiquetado do artículo e/ou envase.

Así, está expresamente prohibido a venda,

A.- En relación cos menores de 12 anos:
De artificios de pirotecnia de moi baixo perigo e nivel de ruído insignificante destinados a ser usados en zonas delimitadas, incluídos os artificios de pirotecnia destinados a ser utilizados dentro de edificios residenciais (Categoría F1).

B.- En relación cos menores de 16 anos:
De artificios de pirotecnia de baixo perigo e baixo nivel de ruído destinados a ser utilizados ao aire libre en zonas delimitadas (Categoría F2).

C.- En relación cos menores de 18 anos:
De artificios de pirotecnia de perigo medio destinados a ser utilizados aoaire libre en zonas de gran superficie e cuxo nivel de ruído non sexa prexudicial para a saúde humana (Categoría F3).

6. A fabricación, circulación e venda de calquera obxecto para uso infantil que presente, externamente, substancias explosivas ou detonantes susceptibles de contacto directo. Para a circulación e venda de produtos pirotécnicos infantís, será necesario que figuren neles a marca ou cabeceira do fabricante e o número que teña asignado polo Ministerio de Industria. Cando non sexa posible a marcaxe directa no produto, farase no envase que o conteña. Os produtos infantís de importación deberán cumprir as mesmas condicións que os nacionais.

7. A manipulación ou uso dos artificos pirotécnicos infrinxindo as normas de uso previstas no correspondente etiquetado.

8. A manipulación ou uso dos artificos pirotécnicos nas vías públicas e espazos públicos no termo municipal de Vigo, agás que se conte con expresa autorización municipal. En todo caso, deberanse tomar as precaucións debidas para evitar accidentes e molestias aos demáis usuarios dos espazos públicos.

Control da Policía Local:
A Policía Local colaborará cos demáis Corpos e Forzas de Seguridade e autoridades competentes na materia, na vixiancia e control do estrito cumprimento da lexislación vixente, e denunciará as infraccións que ao respecto se cometan.