Caballero salienta o "fito histórico" da constitución do goberno da Área Metropolitana
A Xunta de Goberno da Área Metropolitana de Vigo reuniuse este xoves por primeira vez, "un fito de trascendencia innegable", segundo o alcalde vigués e presidente da Área, quen informou das primeiras decisións adoptadas: a elaboración dun plan de traballo plurianual, a elección das vicepresidencias e a tramitación da adhesión dos municipios que o teñen solicitado.
A Xunta de Goberno da Área Metropolitana de Vigo constituíuse este xoves por primeira vez, un "fito histórico" e "de trascendencia innegable", en verbas de Abel Caballero, que inicia no territorio "unha época nova" de traballo "por e para os cidadáns".
Abel Caballero, na súa condición de presidente da Área, informou da presencia nesta primeira reunión do goberno metropolitano dos alcaldes e alcaldesas de Cangas, Fornelos, Gondomar, Moaña, Nigrán, O Porriño, Salceda e Vigo, representando a máis de 400.000 habitantes, case o 84% do total da poboación da Área, e ao 77,33% dos votos ponderados da mesma.
A Xunta de Goberno da Área quedou conformada hoxe polo alcalde de Vigo como presidente, o de Cangas como vicepresidente primeiro, a rexedora de Moaña como vicepresidenta segunda e a de O Porriño, vicepresidenta terceira.
"Estamos moi satisfeitos, moi contentos e xa estamos gobernando para os cidadáns e cidadás da Área", avanzou o alcalde vigués. O goberno metropolitano acordou iniciar a elaboración do Plan Metropolitano Cuadrienal, que neste caso terá vixencia para algo máis de dous anos, ata as próximas eleccións municipais. Este documento regulará os obxectivos e as metas do ente en asuntos como o transporte, turismo, emprego, políticas sociais, urbanismo ou ordenación do territorio.
Caballero adiantou que desde a Presidencia se elaborará un borrador de Plan que será trasladado a todos os rexedores e rexedoras da Xunta de Goberno, para posteriormente ser sometido a votación, "nun prazo breve", no goberno e na Asamblea Metropolitana. Para tramitar as primeiras fases do plan, indicou o alcalde de Vigo, "me marcome o prazo dun mes".
Na reunión deste xoves decidiuse tamén tramitar a ampliación da Área Metropolitana de Vigo. Existen solicitudes formais de adhesión -aprobadas polas correspondentes corporacións- dos municipios de Tomiño (con 13.662 habitantes), Ponteareas (22.990 habitantes), As Neves (4.066 habitantes), Mondariz (4.665 habitantes) e Pontecaldelas (5.540 habitantes). Adicionalmente, Vilaboa (con 6.059 habitantes) tamén amosou o seu desexo de incorporarse por carta.
Pediu igualmente o ingreso A Guarda, pero carece de conexión territorial de continuidade con algún dos catorce municipios da Área Metropolitana, o que é un requisito legal, mais Caballero avanzou que se tramitará a súa solicitude. Os sete concellos que queren entrar na Área "significarían en torno a 75.000 habitantes" máis, aclarou o alcalde de Vigo, quen ve "profundamente inxusto" o requisito de continuidade territorial.
O goberno metropolitano vigués, informou Abel Caballero, requeriu ademais da Xunta e da Deputación a designación dos seus membros para conformar o Comité de Cooperación, que contará cun representante por cada unha das tres administracións. "Queremos constituir o Comité de Cooperación no prazo dun mes", explicou, segundo establece a lei.
A Xunta de Goberno da Área elixiu o edificio municipal de Areal como sede da nova entidade. É unha propiedade do Concello de Vigo que cederá provisionalmente ata que poida ser sede definitiva. Tamén se fixou na reunión deste xoves que as sesións ordinarias do goberno metropolitano serán mensuais, todos os penúltimos martes de mes, ás 10 horas.
En declaracións aos medios, Abel Caballero opinou que o transporte metropolitano formará parte dos traballos do Plan Metropolitano Cuadrienal e que esta será a primeira das competencias que a Área solicitará á Xunta de Galicia. O primeiro edil vigués estima nun mes a elaboración dun borrador e avanzou que non descarta convocar unha sesión extraordinaria na que abordar en exclusiva este tema.
A este respecto, o alcalde vigués informou que na reunión da Xunta de Goberno da Área Metropolitana se falou do actual plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia e alí se constatou que Vigo está e cumpre co convenio asinado. Caballero reiterou que Vigo o aplicará tan pronto as canceladoras dos autobuses urbanos estean homolagadas -"o primeiro día", afirmou- e así o transmitiu ao resto de alcaldes presentes hoxe na reunión.
Descargar todas as imaxes