venres, 30 dec 2016
A convocatoria de 2017 do programa de axudas a familias para sufragar gastos de aloxamento, enerxía e alimentación vén de aprobarse na Xunta de Goberno Local co fin de sufragar gastos de familias vulnerables. Nesta convocatoria, segundo explicou o rexedor, mellórase a cobertura de unidades unipersoais.
venres, 30 dec 2016
Abel Caballero reiterou este venres a "importancia" de ter constituido onte o goberno da Área Metropolitana de Vigo, asegurou que o seu funcionamento "está garantido" e que atenderá as necesidades dos cidadáns. O alcalde citou o transporte ao hospital o aeroporto: "estas serán algunhas das cuestións que tratará o goberno da Área Metropolitana"
venres, 30 dec 2016
O goberno de Vigo reserva medio millón de euros para a terceira edición desta iniciativa municipal de arte urbana, que embelece as medianeiras da cidade. O alcalde invitou á cidadanía a propoñer novos espazos. A previsión do Concello e decorar no 2017 entre 15 e 20 novas medianeiras.
venres, 30 dec 2016
O desfile pola cidade das Súas Maxestades de Oriente cambiará este ano o seu itinerario habitual co fin de evitar as obras que se están realizando na rúa García Barbón. Comeza ás 18:00 da tarde con recepción final na Porta do Sol e reparto de caramelos sen glute e sen azucre.
venres, 30 dec 2016
O Concello de Vigo, a través da Fundación VIDE, porá en marcha unha nova experiencia na primeira semana do ano co obxectivo de "multiplicar a oferta deportiva municipal de canteira", explicouse hoxe. Do 2 ao 4 de xaneiro (luns a mércores), As Travesas, Navia e Coia recibirán os Xogos Deportivos de Reis, unha actividade que terá a medio cento de equipos e máis de 500 deportistas con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos.
venres, 30 dec 2016
Con motivo da festa de Fin de Ano que se celebrará na praza de América o horario do peche ao tráfico quedará comprendido entre as 23:00-23:30 horas do 31 de decembro de 2016 e as 5.00 horas do 01 de xaneiro de 2017.
venres, 30 dec 2016
Ante a proximidade das Festas do Nadal, datas nas que prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos,bengalas,tracas, etc), lémbrase a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.