O alcalde anuncia unha "gran cabalgata de Reis" que pasará polas rúas Areal e Oporto
O desfile pola cidade das Súas Maxestades de Oriente cambiará este ano o seu itinerario habitual co fin de evitar as obras que se están realizando na rúa García Barbón. Comeza ás 18:00 da tarde con recepción final na Porta do Sol e reparto de caramelos sen glute e sen azucre.
O vindeiro xoves, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas da tarde comeza a cabalgata de Reis de Vigo, coa novidade de que a recepción ás Súas Maxestades de Oriente se fará ao remate do desfile na Porta do Sol. Será entón cando o rexedor lles entregue as chaves da cidade para que poidan repartir os regalos.
Outra das novidades, tal e como anunciou Abel Caballero, será a modificación do percorrido, xa que a comitiva partirá do nó de Isaac Peral, continuando por Areal, a rúa Oporto, García Barbón, Policarpo Sanz e a Porta do Sol. Salvaranse así as obras que se están acometendo en García Barbón. As carrozas reais repartirán entre os asistentes caramelos sen glute e sen azucre e "de pequeno tamaño" que poidan ocasionar algún incidente.
Ese mesmo día, dende as 12 da mañá os Reis saudarán aos nenos e nenas que se acheguen ao Auditorio Municipal onde haberá animacións e chocolate quente con rosca e rosquillas. Como vén sendo habitual, durante a xornada, os Reis Magos visitarán os hospitais e centros socioasistenciais da cidade.