Escoitar

Caballero valora a "significación" do programa solidario "Unha Bici, un Sorriso"

O alcalde vigués visitou este luns o parque central de Lavadores, onde se almacenan as bicicletas doadas pola cidadanía dentro desta iniciativa. Establecementos colaboradores as reparan para logo doalas a familias que o precisen. Cada ano se entregan unhas setenta bicis, segundo revelou Caballero.

luns, 2 xan 2017
1483365966bici.JPG
O programa ten carácter anual, mais toma unha especial relevancia nas datas de Nadal, explicou o rexedor. A campaña "Unha bici, un sorriso" -que promove o Concello e a asociación A Golpe de Pedal, coa colaboración de numerosos establecementos- recolle bicicletas en desuso que se poidan arranxar e entregar a familias da cidade que as precisen para os seus cativos.

No proxecto cooperan nestes momentos 15 tendas viguesas: Anca, Biciocon, Bicitotal (Coruxo e Travesas), Cero Emisiones, Cromoly, Duranbike, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Máis que bicis, Nbike, SportPAsion, Trek, VigoBike e Xtrembike, que amais de encargarse das reparacións funcionan como punto de recollida das doazóns. Os cidadáns interesados en participar poden facelo en calquera destas tengas ou chamando ao teléfono 010.
Descargar todas as imaxes