martes, 22 nov 2016
A Área Metropolitana de Vigo estará constituida o próximo 1 de decembro e a primeira decisión que van aprobar os 14 alcaldes que formarán a Xunta de Goberno será a integración de todos os concellos que solicitaron formar parte do ente supramunicipal. Así mesmo, o rexedor avanzou que reclamará financiación á Xunta de Galicia e ao Goberno Central.
martes, 13 set 2016
Na sesión deste martes quedou nomeada a representación municipal na Asemblea metropolitana: dezaseis membros do grupo socialista, seis do grupo popular e dous de Marea de Vigo. O alcalde sinalou a importancia deste Pleno ao ser un "paso imprescindible" para a posta en marcha do ente supramunicipal. <br />
xoves, 1 set 2016
Coa entrada en vigor este xoves 1 de setembro da Lei de Área Metropolitana, o alcalde informou do procedemento a seguir para a súa posta en funcionamento e avanzou que o 13 de setembro o Pleno do Concello decidirá os seus representantes na Asemblea Metropolitana coa previsión de que poida constituírse o 2 de novembro.
martes, 2 ago 2016
O rexedor apunta esta data tendo en conta os prazos que establece a Lei que vén de ser publicada no DOG, polo que "a partir deste momento só depende dos 14 municipios que constituímos a Área inicialmente e dos 10 ou 15 que se van adherir de forma inmediata" e define o feito como "unha das grandes noticias deste século para a cidade e os concellos da contorna".
mércores, 27 xul 2016
Na súa intervención durante o acto de sinatura da reforma da lei da Área Metropolitana de Vigo, Abel Caballero indicou que confía que se amplíe o número de municipios partícipes ata chegar aos case 600.000 habitantes integrados. O rexedor avogou por mirar ao futuro dunha Área Metropolitana que "non ten límites"
mércores, 13 xul 2016
A Área Metropolitana de Vigo "marcará un futuro excepcional nos muncipios que a conforman", dixo o rexedor un día despois da aprobación da reforma da norma aprobada en 2012. En declaracións aos medios, engadiu que a primeira decisión do ente será ampliarse para incorporar dez novos concellos aos catorce actuais.
mércores, 6 xul 2016
<br />
Vigo incorpórase ao Transporte Metropolitano de Galicia coa sinatura este mércores do convenio de adhesión en presenza do presidente da Xunta e os alcaldes, alcaldesas e concelleiros dos 14 municipios que conforman a Área Metropolitana. O rexedor aludiu á satisfacción da cidade con este feito que supón "o inicio consecuente e feliz" da Área Metropolitana de Vigo.
venres, 1 xul 2016
O alcalde amosou este venres o seu agrado pola presenza, o próximo mércores no Concello, do presidente da Xunta para asinar a entrada de Vigo no transporte metropolitano. Caballero estimou que as viaxes no bus urbano poderían incrementarse en dous millóns e medio, ata os 24 millóns anuais.
martes, 7 xuñ 2016
A proposta do Concello de que a cidade teña o tratamento e os servizos dunha capital de provincia foi incluída nas emendas dos populares e de Alternativa Galega de Esquerda á Lei da Área Metropolitana, polo que o rexedor aludiu a que Vigo "marca a pauta" ao ser os primeiros en demandalo.
luns, 6 xuñ 2016
O alcalde de Vigo amosa as súa satisfacción polo cambio de opinión do Partido Popular quen agora emendará á Lei de Área Metropolitana para que Vigo teña trato de capital de provincia. Na súa opinión, foi a cidade a que fixo que a Xunta acepte o que negou moito tempo poque cando "Vigo defende os seus dereitos sempre gaña".