Caballero apunta que a Área Metropolitana marcará un fito no funcionamento das entidades locais en Galicia e España
Coa entrada en vigor este xoves 1 de setembro da Lei de Área Metropolitana, o alcalde informou do procedemento a seguir para a súa posta en funcionamento e avanzou que o 13 de setembro o Pleno do Concello decidirá os seus representantes na Asemblea Metropolitana coa previsión de que poida constituírse o 2 de novembro.
Hoxe xoves 1 de setembro entra en vigor a Lei de Área Metropolitana de Vigo co inicio da tramitación necesaria para poñerse en funcionamento. Un momento que o rexedor vigués define como unha "oportunidade extraordinaria porque constituímos unha entidade local de grande envergadura que vai ocupar un importantísimo lugar en Galicia e España" e aventurando que "nada na política galega será igual coa Área Metropolitana de Vigo constituída porque teremos un peso de medio millón de persoas" tanto na capacidade de actuar como de demandar acción política e competencias.
Sobre os pasos que se darán dende hoxe, Caballero anunciou que convocará o 13 de setembro un Pleno Extraordinario en Vigo para a designación dos 24 representantes do Concello na Área, onde lle corresponden 16 ao PSOE, 6 ao PP e 2 a Marea de Vigo. Neste sentido, informou que todos os Concellos integrados teñen de prazo ata o 5 de outubro para designar aos seus representantes na Asemblea metropolitana.
Con esta previsión que establece o texto da Lei, a finais de outubro será convocada a sesión constitutiva da Área Metropolitana e entorno ao 2 de novembro, formarase a Asemblea Metropolitana que elixirá ao presidente ou presidenta, tal e como estipula a Lei. O proceso de posta en funcionamento da Área continuará co nomeamento provisional dos funcionarios que exercerán o seu labor no ente supramunicipal, o establecemento dos grupos políticos metropolitanos a primeiros de novembro e a decisión da sede provisional da Área en Vigo. Nas seguintes sesións a Área nomeará os catro vicepresidentes, a proposta dos grupos metropolitanos, que debe recoller a pluralidade política e territorial e paridade de homes e mulleres.
Tamén lembrou Caballero os acordos previos adoptados coas rexedoras e rexedores dos municipios que queren integrarse no ente, polo que a primeira decisión, dixo, será a petición de ampliación así como o tratamento do transporte metropolitano. Referiuse a outras prioridades da acción da Área como as infraestruturas, o desenvolvemento do territorio, as políticas sectoriais e, dentro delas, as políticas sociais cun "tema significativo" que é a auga que será competencia do Ente, polo que "necesitamos poñernos inmediatamente a dirixir este proxecto".