O rexedor destaca os valores do baloncesto na recepción ao Joventut de Badalona
Abel Caballero recibiu no Concello ao corpo técnico e os xogadores do Divina Seguros Joventut de Badalona, que esta tarde participa no Memorial Quino Salvo, eloxiando o bo xogo do equipo, a súa capacidade para crear afección e os importantes valores que transmite este deporte. Así mesmo, puxo en valor a figura de Quino Salvo, a quen se homenaxea esta tarde no pavillón das Travesas, e amosou o seu interese en que sexa unha cita anual co baloncesto de calidade en Vigo.