O alcalde sinala que co transporte metropolitano se inicia un camiño de "avance conxunto" na Área
<br /> Vigo incorpórase ao Transporte Metropolitano de Galicia coa sinatura este mércores do convenio de adhesión en presenza do presidente da Xunta e os alcaldes, alcaldesas e concelleiros dos 14 municipios que conforman a Área Metropolitana. O rexedor aludiu á satisfacción da cidade con este feito que supón "o inicio consecuente e feliz" da Área Metropolitana de Vigo.
Abel Caballero cualificou de "día satisfactorio para a cidade" este mércores 6 de xullo no que Vigo se incorpora ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, trala sinatura do convenio coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, en presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen o rexedor agradeceu a súa asistencia ao acto.
O alcalde amosou a súa satisfacción pola sinatura do convenio que "nos sitúa no transporte fluído entre os catorce concellos" e que supón "o inicio feliz e consecuente da Área Metropolitana" que, dixo, "se aprobará a vindeira semana" no Parlamento de Galicia e que "vén a colmar unha aspiración histórica dos municipios da área".
Nese sentido, Caballero agradeceu o esforzo dos concellos por chegar a un acordo e apuntou que queda un longo camiño no transporte e na Área "pensando nos cidadáns, en mellores servizos, nunha mellor atención e na coordinación coa Deputación e a Xunta neste proxecto común". Así, aventurou que a partir da incorporación de Vigo ao transporte metropolitano "nos esperan tempos de moita cooperación e de avance conxunto" e, en relación coa posta en marcha da Área Metropolitana, declarou que "estamos felices porque levamos moitos anos de espera", engadindo que "o mellor está por vir" cando o ente comece a funcionar coa coordinación de todas as institucións".
Descargar todas as imaxes