mércores, 6 xul 2016
O alcalde reiterou unha vez máis a necesidade de acelerar a tramitación de impacto ambiental á que está sometido o proxecto de AVE por Cerdedo desde hai dous anos. Na súa opinión, logo de catro anos de atrasos, o Goberno Central non pode responder a estas alturas que "seguen a traballar na busca de información para poder emitir esta declaración", imprescindible para avanzar na construción do tren de alta velocidade.
mércores, 6 xul 2016
A apertura dos mercadiños de Bouzas e Coia estase a organizar baixo unha ordenanza reguladora das taxas de instalación de postos de venda aprobaba en 1999. A normativa vixente, dixo Caballero, establece os requisitos que deben cumprir os 450 vendedores que solicitaron un posto nestes dous espazos que se prevé estean funcionando no próximo mes de agosto.
mércores, 6 xul 2016
Abel Caballero animou á cidadanía a achegarse ao Centro de Interpretación do Mundo Romano e presenciar as representacións gratuítas que organiza o Concello en xullo e agosto. Na Vila Romana de Toralla escenificarase a celebración dunha voda na antiga Roma, co banquete, venda de escravos e loita de gladiadores.
mércores, 6 xul 2016
O alcalde recibiu este mércores ao novo xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, tras o que Abel Caballero subliñou que "Vigo é un gran exemplo na suma de esforzos e na coordinación de accións para optimizar a seguridade", entre os sobre 900 efectivos de Policía Local, Nacional e Guarda Civil que operan na cidade.
mércores, 6 xul 2016
O Campionato de España de descenso de bicicleta de montaña (mountain bike) celebrarase en Vigo a fin de semana do 16 e 17 de xullo. O alcalde da cidade, Abel Caballero, presentou hoxe a competición, que atraerá a Coruxo aos mellores "descenders" do país.
mércores, 6 xul 2016
Este xoves 7 de xullo, ás 20:00 h, inaugúrase na planta primeira da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición "Transbordo espacial. Partituras gráficas" do Pelayo Fernández Arrizabalaga, dentro da programación do Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons'16" que promove e organiza a Concellería de Cultura.