Escoitar

Caballero asegura que "Vigo é un gran exemplo" de coordinación policial "para optimizar a seguridade"

O alcalde recibiu este mércores ao novo xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, tras o que Abel Caballero subliñou que "Vigo é un gran exemplo na suma de esforzos e na coordinación de accións para optimizar a seguridade", entre os sobre 900 efectivos de Policía Local, Nacional e Guarda Civil que operan na cidade.

mércores, 6 xul 2016
1467810595policia.JPG
O alcalde e o xefe superior de Policía de Galicia abordaron na súa reunión a situación da seguridade en Vigo e a cooperación das distintas forzas que operan na cidade. En declaracións aos medios, Caballero manifestou que Vigo é unha "cidade segura" onde existe unha "moi boa coordinación" entre a Policía Local e a Nacional "que queremos manter" tamén coa Guarda Civil.

Abel Caballero reiterou a Vázquez "a nosa vontade de cooperación" coa Policía Nacional e recoñeceu o traballo do seu antecesor no cargo. O alcalde concluíu que "Vigo é un gran exemplo na suma de esforzos e na coordinación de accións para optimizar a seguridade".
Descargar todas as imaxes