xoves, 7 xul 2016
O alcalde visitou este xoves o inicio das obras na marxe impar da Avenida, no treito entre a rúa Oporto e Serafín Avendaño. O orzamento ronda o millón de euros e as obras durarán sobre cinco meses, segundo apuntou. Abel Caballero explicou ademais que en setembro arrancarán outras catro remodelacións de rúas.
xoves, 7 xul 2016
O alcalde asinou este xoves co seu homólogo alacantino, Gabriel Echávarri, un acordo de colaboración para ampliar a relación entre as dúas cidades que, dende hoxe, están conectadas cun voo directo. A colaboración materialízase especialmente no ámbito turístico, de maneira que os empresarios alacantinos presentarán as súas propostas en Vigo e o sector turístico vigués farao en Alacante co apoio municipal. <br />
xoves, 7 xul 2016
O goberno de Vigo leva adiante dous proxectos nos que seis cadelas -presentadas este xoves polo alcalde de Vigo- actúan como elemento terapéutico e formativo. Tres cadelas traballan con 550 usuarios de nove asociacións que atenden a persoas con necesidades especiais e as outras tres, con preto de mil alumnos e alumnas de seis colexios vigueses.
xoves, 7 xul 2016
O Centro de Interpretación da Oralida de vai facer rular polas rúas, prazas, parques, areais de Vigo:<br />
contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto". As actividades realizaranse desde o 6 de xullo ao 2 de setembro. <br />
xoves, 7 xul 2016
Como clausura do obradoiro da verán de Teatro Científico impartido pola Escola Municipal de Teatro de Vigo en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), os alumnos e alumnas representarán o venres 8 de xullo ás 20:00 unha obra de temática científica titulada "Os Biofilms Bacterianos", nas instalacións da Escola Municipal de Teatro na Avenida de Castelao, 87 (interior)