O Concello promove terapia con cadelas para escolares e persoas con necesidades especiais
O goberno de Vigo leva adiante dous proxectos nos que seis cadelas -presentadas este xoves polo alcalde de Vigo- actúan como elemento terapéutico e formativo. Tres cadelas traballan con 550 usuarios de nove asociacións que atenden a persoas con necesidades especiais e as outras tres, con preto de mil alumnos e alumnas de seis colexios vigueses.
Abel Caballero explicou este xoves os proxectos que desenvolve o Concello de Vigo este ano, xunto con Ramalladas, nos que as cadelas exercen unha función terapéutica, lúdica e formativa.
En primeiro lugar, o Concello leva adiante unha actividade terapéutica en nove asociacións. As cadelas exercen de estímulo para enfocar a atención do usuario na actividade e no traballo que teñen que facer, de tal forma que complementan os servizos que ofrecen as entidades en función da necesidade de cada persoa. As tres cadelas que visitan as entidades son de propiedade municipal, procedentes da canceira municipal.
As intervencións asistidas por cans este ano benefician a uns 550 usuarios de nove sedes (AFAGA, ASPERGA, ALENTO, FOANPAS, APAMP, ASPAVI, ASPANAEX, FEAFES e o Saladino Cortizo)
Por outra banda, segundo explicou Caballero, o Concello realiza ademais tarefas de apoio educativo con cadelas, un programa de reforzo asistido coas cadelas en seis colexios públicos de Vigo do que se beneficiarios uns 800 alumnos/as este curso de forma directa, e outros 1.200 máis de forma indirecta.
Este programa pretende ser un recurso para profesores de apoio, titores e departamentos de orientación dos centros e procura favorecer e mellorar as habilidades funcionais do alumnado, mellorar os seus niveis de autonomía persoal e independencia, favorecer as relacións sociais, a empatía, a comunicación e a linguaxe, e fomentar a motivación e o interese pola aprendizaxe.
Cos escolares, as tres cadelas actúan como elementos dinamizadores e motivadores, coa supervisión dunha psicopedagoga e atendendo aos criterios de cada un dos seis centros de Infantil e Primaria participantes (A Paz, Ría de Vigo, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Pondal, Ramón y Cajal e o García Barbón)
Descargar todas as imaxes