O Pleno insta ao Goberno de España a solucionar na AP9 os problemas de entrada á cidade
Na sesión plenaria deste luns quedou aprobada tamén a moción socialista de demandar ao Ministerio de Fomento e ADIF que soliciten á Xunta de Galicia a tramitación do proxecto da estación do AVE co mecanismo previsto na modificación da Lei do Solo para os proxectos de excepcional interese público. Ademais, os socialistas sacaron adiante a súa proposta para instar ao Goberno Autonómico a dote dos medios necesarios á Atención Primaria.
A unanimidade do Pleno Municipal aprobou a moción socialista na que se insta ao Goberno de España como responsable da concesionaria da AP9 a asegurar que a autoestrada sexa utilizable entre a Avenida de Bos Aires e o centro de Vigo en todas as direccións, a realizar unha adecuación completa en toda a entrada á cidade no relativo á pintura ou sinalización e a adoptar as medidas necesarias para minorar o impacto acústico en todo o tramo urbano.
O concelleiro de seguridade, Carlos López Font, defendeu que Vigo sente un trato discriminatorio nalgúns aspectos relacionados coa entrada da autoestrada á cidade, algo que se vén denunciando, dixo, reiteradamente e que foi obxecto dun acordo plenario que non satisfixo o Goberno Central. Por este motivo, o Concello demanda unha solución aos problemas de liberalización da peaxe no tramo urbano entre Chapela e a entrada á cidade e que se aborde o impacto acústico que ocasiona graves prexuízos aos veciños.
Na sesión plenaria deste luns tamén quedou aprobada a moción presentada polo grupo municipal socialista, coa abstención do Partido Popular e de Marea de Vigo, que demanda ao Ministerio de Fomento e a ADIF, como órgano promotor do proxecto da estación do AVE, que solicite á Xunta de Galicia a tramitación do citado proxecto no prazo máximo dun mes co mecanismo previsto na Lei 3/2016 de medidas urxentes e de excepcional interese público, que permitiría o encaixe legal da nova estación, tal e como defendeu a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride. Ademais, insta ao Goberno Autonómico a axilizar a tramitación do proxecto Thom Mayne co fin de que poida estar aprobado antes da finalización do prazo de presentación de ofertas ao proceso de licitación da estación Vigo-Urzáiz.
Recursos para Atención Primaria
O Pleno aprobou tamén outra moción socialista, na que Marea e o PP se abstiveron, pola que se insta ao Goberno da Xunta de Galicia proceda con carácter urxente a dotar dos medios e recursos necesarios a Atención Primaria no contexto da Sanidade Pública de Galicia para garantir o seu papel esencial na mesma, argumentando a existencia dun consenso social, profesional e político xeneralizado sobre a súa función e necesidade.