Pleno da Corporación sesión ORDINARIA
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 8..
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA (XUÑO) que terá lugar o día 4 de XULLO de 2016, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores . (Acta ordinaria 25 de abril de 2016)
.- Intervención de Dona Regina Ibañez Paz, en representación da Federación Olívica de ANPAS (FOAMPAS), para expoñer a situación actual da matriculación nos IES derivada da obsoleta zonificación na nosa cidade. Rexistro Pleno 1390/1101.
2.- Declaracións institucionais.
3.- Ditames das comisións informativas:
ORZAMENTOS E FACENDA
3.1.- Modificación de crédito mediante crédito extraordinario para o desenvolvemento do Proxecto de Subvención ao Fomento do Fútbol base da Fundación Celta de Vigo. Expte. 15139/333 (Rexistro Pleno 1393/1101).
4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.
5.- Mocións:
5.1.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a dotar dos medios e recursos necesarios para garantir o papel esencial da atención primaria no contexto da Sanidade Pública de Galicia. Rexistro Pleno 1395/1101.
5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Goberno de España como responsable da concesionaria da autoestrada A-9, a que tome as medidas necesarias para solucionar os problemas na entrada á cidade. Rexistro Pleno 1396/1101.
5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Mº de Fomento e ADIF como órgano promotor do proxecto da estación do AVE a solicitar á Xunta de Galicia a tramitación do devandito proxecto co mecanismo previsto na Lei 3/2016. Rexistro Pleno 13971101.
6.- Asuntos ou mocións urxentes.
PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.
1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
1.3.- Dar conta do acordo da Xunta de Goberno Local, de data 3.06.2016, da proposta de modificación da autorización outorgada polo Pleno Municipal de 27.12.2010 da cesión do Museo do Mar de Galicia á consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Expte. 19838/240 (Rexistro Pleno 1392/1101.
2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.
3.- Comparecencias de membros da Corporación.
4.- Mocións.
4.1.- Moción do Grupo municipal de Marea de Vigo instando a creación dun Consello Municipal de Saúde e dunha Comisión que elabore un Regulamento que permita e ordene dita participación. Rexistro Pleno 1394/1101.
4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a redacción dunha nova ordenanza de terrazas, veladores e instalación de mobiliario urbano, consensuada cos comerciantes e veciños. Rexistro Pleno 1305/1101.
4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao Alcalde a esixir á Deputación de Pontevedra a dotar na sede de Vigo de tódolos servizos da Deputación que existen en Pontevedra. Rexistro Pleno 1398/1101.
4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.
5.- Formulación de rogos.
6.- Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA (xuño) no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día CATRO DE XULLO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase
Vigo, 30 de xuño de 2016
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.