Escoitar

O goberno municipal ofrece "todo o seu apoio" ao labor da Cámara de Comercio a prol da economía da cidade e da provincia

Abel Caballero reuniuse este xoves cunha representación da nova directiva da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, de quen eloxiou o modelo de traballo centrado na economía , comprometendo a cooperación municipal nestes tempos "de establecer a fluidez na relación entre territorios".

xoves, 30 xuñ 2016
1467291977camaracomercio.jpg
O alcalde mantivo un encontro este xoves coa directiva da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía a quen lle transmitiu a cooperación do seu goberno tras o proceso de concentración que experimentou e que Caballero ve "con agrado" ao seguir un modelo de traballo baseado na economía que lle parece "saudable e moi bo".

O rexedor comprometeu "todo o apoio do Concello" ao labor que desenvolve a Cámara de Comercio a prol da economía da cidade e da provincia e apuntou que estes son "tempos de establecer a fluidez na relacións entre territorios tan importantes da provincia, en paralelo coa Área Metropolitana", tal e como fixo Vigo cos alcaldes de Pontevedra e Vilagarcía, de maneira que, entende, que "estamos sabendo ler os tempos e as formas novas" na acción de goberno.
Descargar todas as imaxes