mércores, 29 xuño 2016

O alcalde e o Ministro Conselleiro da Embaixada de Israel abordan o estreitamento das relacións

mércores, 29 xuñ 2016

Abel Caballero recibiu este mércores a Yinam Cohen, Ministro Conselleiro da Embaixada de Israel en España, quen lle transmitiu o interese do país de Oriente Próximo pola cidade e, especificamente, polo desenvolvemento da industria e do I+D que experimenta o Concello. Así, ambos abordaron a posibilidade de estreitar relacións proximamente para trazar relacións que acheguen a Vigo e a Israel no ámbito comercial. <br />