Escoitar

O Torneo Concello de Vigo de pádel, dende o día 1, acada marca de participación con 226 parellas

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou este martes o IV Torneo Concello de Vigo de pádel, que organiza o Club de Pádel Barreiro nas pistas municipais de Máis que Auga (Barreiro e Navia), e anunciou que o evento "xa se garantiu o récord de participantes".

martes, 28 xuñ 2016
1467118711padel.JPG
Do 1 ao 10 de xullo, quince pistas (once de cristal cubertas, unha de muro cuberta e tres de muro descubertas) estarán dispoñibles para un campionato que suma 452 xogadores. "Este torneo vén referendar e confirmar o auxe do pádel en Vigo", asegurou o edil de Deportes, que invitou á cidadanía "a ver os partidos".

O torneo que decide os mellores do pádel vigués e comezou a disputarse en novembro de 2012 conta coa novidade de xogarse en dúas instalacións. Ata agora sempre se disputou en MQA Barreiro, pero nesta edición e por vez primeira celébrase tamén en MQA Navia. Ningún outro torneo conta con tantas pistas.

Antonio Amaro, presidente do Club de Pádel Barreiro, agradeceu o apoio do Concello e de Pérez Rumbao Cars, e lembrou que a escola de pádel de Máis que Auga é "a maior de Galicia".

Pola súa banda, Isabel Abelleira, xerente do concesionaria de Audi e Volkswagen, destacou o torneo de menores (26 xogadores) e afirmou que "queremos envorcarnos cos vigueses dende o minuto 1". O xerente de MQA, Fran Cortegoso, subliñou que este torneo progresa "polo traballo mán a mán co Concello" e que ao ter cadros específicos para xogadores federados (primeira categoría masculina, feminina e mixta) e tamén cadros open, a competición é "para calquera persoa que queira gozar do pádel"
Descargar todas as imaxes