Escoitar

O alcalde salienta o valor educativo e de conciliación dos campamentos municipais de verán

Durante a visita que realizou a un dos campamentos de verán onde os cativos aprenden a reciclar, o rexedor lembrou que o Concello ofertou este ano case 7.000 prazas máis, ata un total de 22.156 para dar resposta á demanda social. Ademais puxo en valor a aprendizaxe dos nenos nas actividades e a capacidade que ofrecen de conciliar vida familiar e laboral.

martes, 28 xuñ 2016
1467118391campamento.jpg
Abel Caballero visitou este martes un dos campamentos que organiza o Concello durante este verán, no que os nenos e nenas participantes aprenden a reciclar co obxectivo de conciencialos sobre a importancia da protección do medio ambiente. Precisamente, o alcalde puxo en valor a vertente educativa e tamén lúdica dos campamentos así como a posibilidade que ofrecen ás familias no ámbito da conciliación.

O Concello oferta este ano 2016 un total de 22.156 prazas, o que supón un incremento de case "7.000 máis" que o ano pasado, medrando máis dun 30% a oferta. Caballero declarou que "o nivel de atención das demandas foi moi alto nesta edición por iso se ampliaron as prazas" e anunciou que, de ser preciso, volverán incrementarse o vindeiro ano. Así destacou que "abrimos campamentos en Navia, en resposta á demanda" da veciñanza e "temos dous campamentos de inmersión lingüística en inglés", lembrando que as familias "pagan a metade do que corresponde ás actividades" porque o Concello asume o custo en máis do 50%.
Descargar todas as imaxes