xoves, 30 xuñ 2016
Celebrada na Praza do Rei, a convocatoria do minuto de silencio parte da Federación Española de Municipios e Provincias, que preside o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen manifestou a "condena tallante" ao atentado terrorista no principal aeroporto turco e trasladou as condolencias ás vítimas e familiares.
xoves, 30 xuñ 2016
Caballero explicou este xoves que na noite do venres as frecuencias dos autobuses serán de trinta minutos e que a liña N3 partirá desde a Avenida de Castelao. Para a noite do sábado, entre os N1, N2 e un servizo especial, haberá autobuses de Coia ao centro de Vigo cada quince minutos.
xoves, 30 xuñ 2016
Caballero participou este xoves na presentación deste evento, que comeza mañá vernes, 1 de xullo, e permanecerá ata o día 10 na Porta do Sol. O rexedor vigués felicitou á Agrupación de Libreiros de Vigo pola dirección e polo "traballo diario" pois manifestou que ser libreiro "é infinitamente máis que unha aventura empresarial".
xoves, 30 xuñ 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a XVI Vigo Cup, torneo internacional de fútbol base, coma "unha das grandes concentracións de fútbol de Europa, o que nos enorgullece".
xoves, 30 xuñ 2016
O Urban Market Progreso 41, o primeiro mercado urbano de Galicia, abriu este xoves as súas portas cunha oferta gastronómica, cultural e de ocio distribuída en 2.500 metros cadrados. Abel Caballero percorreu as instalacións que dispoñen dunha vintena de postos con oferta gastronómica tradicional e novidosa, unha ludoteca, espazos para propostas culturais, intervencións artísticas e postos de venta temporais para as creacións de emprendedores e deseñadores. O alcalde referiuse ao mercado como un "gran proxecto lúdico gastronómico" e un "lugar de encontro da cidade, que Vigo precisa" e agradeceu o esforzo de todas as persoas implicadas na súa posta en marcha, a quen felicitou pola iniciativa.