Escoitar

O rexedor anima á cidadanía a achegarse a Porta do Sol e visitar a Feira do Libro de Vigo

Caballero participou este xoves na presentación deste evento, que comeza mañá vernes, 1 de xullo, e permanecerá ata o día 10 na Porta do Sol. O rexedor vigués felicitou á Agrupación de Libreiros de Vigo pola dirección e polo "traballo diario" pois manifestou que ser libreiro "é infinitamente máis que unha aventura empresarial".

xoves, 30 xuñ 2016
1467292061ferialibro.jpg
A Feira do Libro arrancará este venres, 1 de xullo, na Porta do Sol, o emprazamento elixido polo Concello para a 42ª edición deste evento. Durante os dez días de duración, catorce postos representarán ás principais librerías de Vigo, xunto a stands da Deputación e das bibliotecas Juan Compañel e a municipal Neira Vilas. A venda de libros ofrecerá un 10% de desconto sobre o prezo habitual.

O lema deste ano, "A patria na palabra", homenaxea a figura de Manuel María, mais non será o único escritor recordado na Feira de 2016. Na clausura, a actuación do humorista Cándido Pazó, co seu espectáculo "Trangallada", recorda ao falecido Xosé Neira Vilas.

A organización conta con máis de 75 nomes do mundo do libro na Feira e con máis de 40 coloquios, presentacións e sinaturas de libros. Escritores como Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Alba Lago ou Fran Alonso estarán presentes, se darán a coñecer novidades, haberá lecturas dramatizadas e a poesía tamén terá o seu espazo. A Feira do Libro de Vigo preparatamén actividades específicas para fomentar o hábito da lectura entre os máis pequenos, como obradoiros ou maxia.

Grazas á colaboración da Federación de Persoas Xordas de Galicia, o acto de inauguración será traducido á lingua de signos. A Federación tamén tomará parte nun contacontos en linguaxe de signos con traducción oral e nun obradoiro básico sobre esta linguaxe. Na mesma liña de integración e fomento da lectura, a ONCE realizará un taller de Braille.
Descargar todas as imaxes