Escoitar

O Concello e VITRASA reforzan o servizo nocturno de autobús para as festas de Coia

Caballero explicou este xoves que na noite do venres as frecuencias dos autobuses serán de trinta minutos e que a liña N3 partirá desde a Avenida de Castelao. Para a noite do sábado, entre os N1, N2 e un servizo especial, haberá autobuses de Coia ao centro de Vigo cada quince minutos.

xoves, 30 xuñ 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves o "significativo" reforzo dos autobuses urbanos nocturnos polas festas de Coia, que se celebran esta fin de semana.

Na noite do venres, a frecuencia media dos autobuses será de 30 minutos, entre os nocturnos un e dous, con saídas desde a Avenida de Castelao con destinos a Policarpo Sanz, Travesía de Vigo e Sanjurjo Badía. Ademais, a liña N3, que habitualmente parte desde a Praza de América, sairá esta fin de semana desde a Avenida de Castelao.

Na noite do sábado, a frecuencia mellora e haberá un autobús ao centro cada quince minutos, entre o servizo habitual da N1, N2 e co Servizo Especial disposto ao efecto. Esta liña específica pasará pola Avenida de Castelao e discorrerá por Camelias, o Paseo de Alfonso, Policarpo Sanz e finalizará en García Barbón, á altura da rotonda de Miragaia.