O alcalde "satisfeito" porque os partidos asuman a súa proposta de que Vigo sexa considerada capital de provincia
A proposta do Concello de que a cidade teña o tratamento e os servizos dunha capital de provincia foi incluída nas emendas dos populares e de Alternativa Galega de Esquerda á Lei da Área Metropolitana, polo que o rexedor aludiu a que Vigo "marca a pauta" ao ser os primeiros en demandalo.
Abel Caballero amosou este martes a súa "satisfacción" polo feito de que os grupos políticos asumiran a proposta do Concello de que a cidade teña o tratamento e os servizos propios dunha capital de provincia. Esta foi unha das demandas viguesas reclamadas durante o proceso de negociación da modificación da Lei de Área Metropolitana de Vigo, xunto con outras dúas cuestións: que a Área tivera ingresos dos tributos do Estado e da Xunta de Galicia e a contigüidade como requisito non obrigatorio para os municipios que queiran formar parte do ente.
Coa máxima de "o que ben acaba, ben está", o rexedor felicitouse polo consenso acadado polo seu reclamo nas emendas presentadas polos distintos grupos políticos no Parlamento de Galicia. Explicou que foi o PSOE o que "marcou a pauta" nesta cuestión, ao ser o primeiro grupo que incluíu a proposta no seu bloque de emendas, logo seguírono AGE, que aposta por un "estatuto de capitalidade", e o grupo popular que fai súa a proposta do Concello pero rexeita o ingreso de tributos da Xunta por parte da Área Metropolitana e que quere manter a contigüidade dos municipios como requisito para integrarse nela, segundo apuntou Caballero.
O alcalde insistiu na importancia do proceso de negociación para conseguir que Vigo acade o tratamento de capital de provincia e sinalou que "non é posible dicirlle que non a esta cidade" aínda que dende a Xunta de Galicia "trataron de evitalo durante moito tempo".