Escoitar

O goberno de Vigo ultima unha instrución para o acceso de "scooters" de discapacitados ao bus

Así o anunciou este martes o alcalde, quen explicou que falta regulación estatal sobre seguridade dalgúns modelos de vehículos para persoas con discapacidade no autobús urbano. Caballero indicou que Vigo, xunto a Navarra, Madrid e Barcelona, está a elaborar unha instrución con normas de seguridade que permita o acceso, que será contrastada cos propios usuarios.

martes, 7 xuñ 2016
Abel Caballero trasladou este venres o seu apoio aos discapacitados usuarios de "scooters" e avanzou que o goberno que encabeza está a ultimar unha instrución con medidas de seguridade para que poidan subir os seus vehículos aos autobuses urbanos.

O rexedor vigués explicou que falta normativa estatal que regule os ancoraxes e a seguridade destas cadeiras motorizadas nos autobuses, polo que, mentres se modifica a lexislación a nivel España, Vigo está a promover esta instrución que o faga posible, xunto a Navarra e ás cidades de Barcelona e Madrid.

Caballero apuntou que o texto municipal está practicamente elaborado, recordou aos usuarios que teñen no alcalde de Vigo "o seu primeiro defensor" e avanzou que o Concello contactará con eles para explicarlles a proposta e coñecer a súa opinión, antes de iniciar a tramitación.