xoves, 9 xuñ 2016
Nestes momentos xa están retiradas once das bañeiras da cuberta do Estadio e a previsión é que estea concluída esa parte dos labores en 10 ou 15 días. Caballero amosouse "encantado" coa evolución da obra que ao cumprírense os prazos permitirá iniciar a Liga coa cuberta instalada e a grada de Tribuna operativa.
xoves, 9 xuñ 2016
O Concello desenvolve durante os próximos catro días unha campaña de promoción da cidade e das Illas Cíes coa presenza dos youtubers Molaviajar, Familia Carameluchi e Rebeca Stones que, co hastag #youtubersvigo, contarán nas súas redes sociais a experiencia viguesa para os seus milleiros de seguidores co fin de que Vigo "estea en boca de todos". <br />
xoves, 9 xuñ 2016
"A economía só é economía se é economía social", indicou o alcalde este xoves, tras participar na inauguración das VII Xornadas "Valoración, Financiamento e Xestión de Riscos" organizadas pola cátedra AECA Abanca. Caballero avogou ademais por unha economía competitiva "fundamentalmente a través da produtividade"
xoves, 9 xuñ 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por responsables da organización e da asociación Alento, a carreira Ponle Freno, que se celebrará ás 10,00 horas do domingo 19 de xuño no centro de Vigo e contará con dúas opcións para os participantes, de 5 e 10 quilómetros.