Escoitar

O Concello tramitará "a toda velocidade" o proxecto de vivendas protexidas en Navia

O alcalde comprometeuse a axilizar a tramitación do plan de urbanización de Navia, tras o anuncio feito pola Xunta de Galicia da construción de 1.600 vivendas protexidas no barrio, para o que xa entregou a documentación técnica no Concello. Con todo, Caballero criticou a tardanza en acometer este proxecto.

mércores, 8 xuñ 2016
Tras o anuncio da construción de 1.600 vivendas protexidas en Navia, realizado onte martes pola Xunta de Galicia, Abel Caballero celebrou hoxe o comezo dese proxecto de urbanización logo de "sete anos reclamándoo" dende o Concello, un tempo, dixo, no que o goberno autonómico non "fixo nada".

O alcalde comprometeuse a realizar "a tramitación a toda velocidade" para que a urbanización poida saír adiante, unha vez que a Xunta vén de entregar a documentación técnica necesaria para acometelo. Así mesmo, Caballero sinalou que "confía" en que o goberno que saia das próximas eleccións autonómicas continúa co proxecto de vivenda protexida no barrio de Navia.