Escoitar

150 estudantes vigueses viaxan ao Reino Unido para estudar inglés coas bolsas do Concello

O alcalde deu a coñecer este mércores o plan de viaxe do alumnado de 2º de Bacharelato que acudirán desde a próxima semana a estudar inglés cunha das 617 bolsas que oferta o Concello neste curso. Os estudantes sairán de Vigo entre o luns 13 e o mércores 15 e pasarán tres semanas nun centro para aprender o idioma.

mércores, 8 xuñ 2016
150 mozas e mozas vigueses de 2º curso de Bacharelato viaxarán ao Reino Unido entre o luns día 13 e o mércores 15 de xuño para estudar inglés dentro do programa de inmersión lingüística do Concello que lles permite realizar un curso de formación cunha estadía de tres semanas en diferentes centros de Inglaterra.

Os 150 mozas e mozos que saen de Vigo a próxima semana son parte do alumnado que no ano 2013 quedaran sen bolsa de estudos. Neste curso 2016, o goberno local ofertou para este programa de bolsas un total de 617 prazas, un dato que salientou Abel Caballero polo feito de que Vigo envía con bolsas "máis nenas e nenos a estudar inglés que toda Cataluña e a Comunidade Autónoma de Madrid xuntas".

Segundo explicou o rexedor, o primeiro grupo de estudantes saen o luns 13 dende Vigo con destino a Norwich e Huntingdon; o martes 14 viaxa o alumnado cara Richmond, a High School Chessington e a Southport e o mércores 15 parten os que se formarán en Leeds.