O goberno local traballa na potenciación das hortas urbanas nos centros educativos da cidade<br />
O rexedor avanzou esta mañá a intención municipal de potenciar a acción das hortas urbanas nos colexios da cidade. Así o explicou durante a visita que realizou ao Ceip Canicouva un "centro que realiza un traballo excepcional" e que xa conta cunha horta na que traballan os alumnos.
