Caballero eloxia a "calidade" do cartel gañador da Regata Ribeiro – Rías de Galicia
Este mércores tivo lugar a presentación da imaxe seleccionada no concurso organizado polo Real Club Náutico de Vigo, no que o xurado elixiu por unanimidade o traballo do vigués Juan Ignacio Montenegro. O alcalde felicitou á organización por "gran idea" de sumar un carácter "artístico cultural" á regata.
Durante a súa intervención, Abel Caballero felicitou á dirección do Real Club Náutico de Vigo polo "impulso dos deportes do mar" e pola "gran idea" de dotar á Regata dun ámbito "artístico cultural" co concurso de carteis e coa organización de actividades complementarias.
O rexedor vigués felicitou ao artista gañador do certame, Juan Ignacio Montenegro, e valorou como unha "mostra de calidade" do autor que o xurado adoptase a decisión por unanimidade. A presentación do cartel vencedor tivo lugar este mércores coa participación do alcalde de Vigo, da presidenta do Real Club Náutico, Viviana García, e da xerente da Denominación de Orixe Ribeiro, Cristina Alcalá, ademais do edil de Deportes, Manel Fernández, e do creador da imaxe oficial.
Trátase do primeiro ano no que a Regata Ribeiro – Rías de Galicia organiza un concurso para seleccionar o cartel oficial da proba, certame no que participaron candidaturas procedentes de toda España.
Ademais, esta mañá adiantouse o programa de actividades socioculturais que se organizan como complemento a 53ª edición da Regata. A organización prevé realizar catas de viño no Náutico con fins solidarios, unha exposición dos mellores carteis que optaron no concurso, unha mesa redonda de turismo náutico, un certame de fotografía e unha lección maxistral a cargo do propio alcalde de Vigo.
Descargar todas as imaxes