Escoitar

Vigo apoia a Unicef na defensa dun pacto de Estado pola Infancia para paliar os efectos da crise

Abel Caballero defenderá desde a Alcaldía de Vigo e desde a FEMP un pacto de Estado pola Infancia que trate de facer fronte ás "severas consecuencias" que causa a crise económica nos máis pequenos. Así mesmo, avanzou que a cidade optará a lograr o recoñecemento de Unicef de ser Cidade da Infancia.

martes, 7 xuñ 2016
1465300115unicef2.jpg
Vigo apoiará e se mobilizará para conseguir un pacto de Estado sobre a infancia en España xa que é o grupo de cidadáns máis afectado pola crise económica. Logo de manter un encontro con responsables nacionais, autonómicos e locais de Unicef, Caballero avanzou que se implicará "como alcalde e como presidente da FEMP" para conseguir un acordo que permita facer fronte ás "severas consecuencias" que causa a crise económica nos máis pequenos. O rexedor elevará á Federación de Municipios e Provincias esta proposta para que entre os 8.122 concellos sumen unha proposta que permita que o próximo Goberno de España e todos os partidos asuman un pacto que vele por dar garantías de benestar á infancia no noso país.

Durante o encontro, o rexedor tamén anunciou que Vigo vai optar a ser Cidade da Infancia, unha vez que reúne todos os requisitos, que aglutinará nun documento, para conseguir este recoñecemento por parte de Unicef.
Descargar todas as imaxes