Escoitar

O alcalde amosa o apoio do goberno local á Asociación Cultural da Vila de Bouzas

No transcurso da entrevista mantida este luns entre Abel Caballero e varios membros da Asociación Cultural Vila de Bouzas, o rexedor loou a "dinámica" da entidade e comprometeu a cooperación do Concello cos seus proxectos. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria de subvención ás actividades xuvenís e os convenios con Solidariedade Galega do Pobo Saharauí e con ACOPOVI.

luns, 6 xuñ 2016
1465217252bouzas.jpg
Abel Caballero recibiu este luns a unha representación da Asociación Cultural Vila de Bouzas, unha entidade que vén de crearse e que, segundo dixo, "amosa unha dinámica extraordinaria" e na que percibe "moitas ganas" de traballar.

"Vila de Bouzas", que está dando os seus primeiros pasos no ámbito do tecido asociativo e cultural vigués, acudiu á xuntanza co fin de darlle a coñecer ao alcalde os seus obxectivos. Caballero garantiu que recibirán o apoio municipal e axuda para o local que precisan para desenvolver a súa actividade "como facemos coas asociacións que amosan vocación e ganas de traballar na cidade".

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións para o fomento das actividades xuvenís e o convenio de colaboración coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo para o programa "Vigo, un mar de corais" por un importe de 25.000 euros "para seguir apoiando as corais". Ademais, deu luz verde ao Convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o programa de acollida de nenos e nenas durante o verán por un importe de 16.000 euros destinados a financiar as viaxes dos cativos. O alcalde apuntou que "estamos encantados e todos os nenos e nenas do Sahara os que queiran terán a viaxe pagada, habendo un sinfín de familiar solidarias en Vigo".
Descargar todas as imaxes