Escoitar

O alcalde afirma que as obras de Balaídos evolucionan "en prazo"

Nestes momentos xa están retiradas once das bañeiras da cuberta do Estadio e a previsión é que estea concluída esa parte dos labores en 10 ou 15 días. Caballero amosouse "encantado" coa evolución da obra que ao cumprírense os prazos permitirá iniciar a Liga coa cuberta instalada e a grada de Tribuna operativa.

xoves, 9 xuñ 2016
1465476609obrasbalaidos.jpg
O rexedor deu conta este xoves da evolución das obras de reforma do Estadio de Balaídos que van "en tempo e prazo, como sempre facemos neste Concello" e que contan cun orzamento de cinco millóns de euros das administracións públicas, dixo.

Arestora Balaídos ten a metade da cuberta tirada, xa que foron extraidas once das bañeiras da cuberta, un labor dificultoso porque pesan 85 toneladas cada unha. Os traballos comezaron na parte inferior da grada de Tribuna baixo Preferencia que se está acondicionando para construír os vestiarios e tamén foron retirados os palcos VIP, polo que adiantou que "en menos de 10 días estará toda a cuberta tirada".

Caballero sinalou que unha vez estea retirada toda a cuberta, iniciarase a montaxe da nova, que implicará o necesario reforzo da estrutura, de forma paralela á montaxe. Nestes momentos, están concluíndo os estudos técnicos previos a esta acción. "A nosa previsión é que a cuberta esta instalada con Tribuna operativa para o inicio de Liga", avanzou, engadindo que despois continuarán as obras en zonas interiores, xa coa competición iniciada, por seren compatibles cos partidos.
Descargar todas as imaxes