Caballero defende a "economía social" e a competitividade "a través da produtividade"
"A economía só é economía se é economía social", indicou o alcalde este xoves, tras participar na inauguración das VII Xornadas "Valoración, Financiamento e Xestión de Riscos" organizadas pola cátedra AECA Abanca. Caballero avogou ademais por unha economía competitiva "fundamentalmente a través da produtividade"
Abel Caballero participou na apertura destas xornadas sobre xestión bancaria, este xoves na sede social de Afundación en Vigo. O rexedor vigués defendeu a "economía social" e engadiu que a acción do sector monetario e bancario "so é eficaz se ten dimensión social".