Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 9 xuñ 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 10 DE XUÑO DE 2016.



1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 27 de maio e extraordinaria e urxente do 30 de maio de 2016.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de Sentenzas, Autos e Decretos:

a) Expte. nº 9663/111. Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 131/2016. Demandante: D. Alfredo Martínez Cuervo. Obxecto: Resolución do 11/12/15. Sanción de Tráfico. Expte. 158676384. Declara rematado o procedemento .

b) Expte. nº 9622/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 78/2016. Demandante: D. Juan Manuel Portas Oliveira. Obxecto: Resolución do 1/12/15. Sanción de Tráfico. Expte. 158627500. Estimado o recurso.

c) Expte. nº 9507/111. Sentenza do X. Social nº 5 de Vigo no RC-A nº 891/2015 e acumulados (despedimento). Demandante: Lucas Rivera Rodríguez e outros 6 traballadores. Obxecto: Contrato (administrativo e laboral). Estacionamento subterráneo Porta do Sol. Extinción do contrato o 1/10/2015. Estimado parcialmente o recurso.

d) Expte. nº 9667/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 123/2016 PA. Demandante: Cristian Romero Fernández. Obxecto: Resolución do 17/12/15.Responsabilidade patrimonial administrativa, accidente de bicicleta o 5 /10/2014. Expediente 4550/243. Estimado parcialmente o recurso.

e) Expte. nº 9373/111. Sentenza do X. Social nº 1 de Vigo no procedemento Ordinario nº 667/2015 . Demandante: Gabriel Martínez Giráldez. Obxecto: Clasificación profesional e diferencias retributivas. Estimado o recurso.

f) Expte. nº 9682/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 119/2016 PA. Demandante: Roberto Coya Otero. Obxecto: Resolución de Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo do 3/11/15. Inadmisión de reposición. Providencia de constrinximento. Sanción de Tráfico 27212/700 (13869/440 e 27212/700). Estimado o recurso.

g) Expte. nº 8797/111. Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 349/2014 PO. Demandante: Patricia Fernández Barciela. Obxecto: resolución do 19/02/2015. Desestimación licenza de obras. Expediente: 80969/421. Desestimado o recurso.

h) Expte. 9247/111. Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 392/2015 PO. Demandante: XERMOLO DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL,S.L. Obxecto: Resolución do 10 de abril e 4 de maio de 2015. Contrato administrativo, programa educativo VIGOZOO. Exptes.: 5250/2012 e 6348/2012. Desestimado o recurso.

i) Expte. nº 9690/111. Sentenza do X. Mercantil nº 1 de Pontevedra. Procedemento nº 64/2013. Demandante: Concello de Vigo. Obxecto: Demanda incidental de reclamación de cantidades contra contratista en concurso (SERCOYSA). Desestimada a reclamación.


CONTRATACIÓN
3.- Modificación da composición da Mesa de Contratación do Concello de Vigo. Expte. 5266/241.

4.- Clasificación de ofertas para a contratación da subministración de gas natural para as instalacións dos colexios, escolas infantís e dependencias do Concello de Vigo. Expte. 17125/332.

5.- Clasificación de ofertas para a contratación do renting de vehículos para a Policía Local. Expte. 43577/212.

6.- Clasificación de ofertas para a contratación das obras de reparacións discontinuas da calzada na rúa Tomás Alonso. Expte. 3517/440.

7.- Proposta de adxudicación para a contratación da explotación do Servizo de cafetería e de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos no Parque das Ciencias VigoZoo. Expte. 6603/12.

8.- Aclaracións ás cuestións formuladas por FCC Aqualia S.A. respecto da contratación da prestación dos servizos técnicos e docentes para as piscinas cubertas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e dos servizos para impartir ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios e instalacións dependentes da Concellería de Deportes. Expte. 14892/333.




DEPORTES
9.- Proposta de autorización para a organización do evento deportivo "VI Fiesta de la Bicicleta" o 12 de xuño de 2016. Expte. 14695/333.

10.- Proposta de autorización para a organización do "VIII Marathón Infantil de Coia" o vindeiro 12 de xuño de 2016. Expte. 14850/333.

EDUCACIÓN
11.- Listas definitivas de adxudicación, agarda e denegación da convocatoria ordinaria para alumnado de 3º de ESO de prazas para a participación no Programa Municipal de Inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés 2016". Expte. 17631/332.

EMPREGO
12.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor polo Servizo de Desenvolvemento local e Emprego- marzo e abril de 2016. Expte. 12935/77.

FESTAS
13.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no Servizo de Festas – maio 2016. Expte. 6487/335.

14.- Proxecto de convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con Nós" 2016. Expte. 6439/335.

IGUALDADE
15.- Proposta de adxudicación da contratación do servizo de atención domiciliaria á infancia (SADI). Expte. 6749/224.

16.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no Servizo de Igualdade – maio 2016. Expte. 7211/224.

PATRIMONIO
17.- Proposta de aceptación de renuncia á concesión administrativa para instalación de quiosco na rúa Bueu. Expte. 19845/240.

18.- Autorización á Asociación DOA para a realización de obras de mantemento na edificación da rúa Romil 84. Expte. 19789/240.



RECURSOS HUMANOS
19.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de Abril-2016. Expte. 28170/220.

20.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do Servizo de Cemiterios correspondente ao mes de Abril-2016. Expte. 28171/220.

21.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de Abril-2016. Expte. 28172/220.

22.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do servizo de Participación Cidadá correspondente ao mes de Abril-2016. Expte. 28173/220.

23.- Complementos de produtividade por toxicidade das brigadas de pavimentación do servizo de Vías e Obras e do servizo do Parque Móbil correspondentes ao mes de Abril-2016. Expte. 28174/220.

24.- Complementos de produtividade por conducir vehículo municipal sin ser oficiais do persoal dos distintos servizos correspondentes ao 4º trimestre-2015 e 1º trimestre-2016. Expte. 28030/220.

25.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondentes ao mes de Abril-2016. Expte.28183/220.

26.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondentes aos meses de Decembro-2015 e Abril-2016. Expte. 28184/220.

27.- Solicitude de dona Ana Quirós García de diferencia de función no seu posto de traballo. Expte. 27825/220.

28.- Recurso de reposición contra acordo da XGL que aproba as Bases dunha Bolsa de Emprego para o nomeamento de funcionarios interinos de Enxeñeiros Industriais e Camiños. Expte. 27894/220.

29.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha Axudante de oficios baixo a modalidade prevista no artigo 10.1.D) do RD Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, polo que se aproba o TRLEBEP, por un prazo máximo de seis meses para o servizo de Desinfección. Expte. 28064/220.


30.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha Auxiliar Administrativa, baixo a modalidade prevista no artigo 10.1.D) do RD Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, polo que se aproba o TRLEBEP, por un prazo máximo de seis meses para o servizo de Comercio. Expte. 28080/220.

SERVIZO DO ÁREA DE CULTURA
31.- Proposta de autorización do préstamo temporal de 9 obras de Castelao para exposición no Museo de Pontevedra. Expte. 5677/337.

TESOURERÍA
32.- Prórroga do prazo contractual do contrato de colaboración nos procedementos de recadación en período executivo e nos procedementos sancionadores en materia de Tráfico. Expte. 16515/541.


VIGOZOO
33.- Prórroga do contrato maior de subministros de piensos e demais alimentos para a manutención dos animais de Vigozoo. Expte. 5212/12.


XUNVENTUDE
34.- Solicitude de subvención á Xunta de Galicia para a xestión do servizo de orientación de emprego da Oficina Municipal de información xuvenil da Casa da Xuventude. Expte. 4700/336.

35.- Rogos e preguntas.




DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 10 de xuño de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.



Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 8 de xuño de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.