Caballero advirte á Xunta e ao Goberno de España que é "imprescindible salvar o sector naval de Vigo"<br />
O alcalde de Vigo trasladou esta mañá aos membros do comité de empresa de Vulcano, cos que mantivo un encontro, toda a "súa cooperación para espertar ás administracións do seu letargo". En rolda de prensa, esixiu á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a actuar porque "é imprescindible salvar o sector naval de Vigo".
Caballero trasladou ao comité de empresa de Vulcano "toda a nosa colaboración" para informar á cidade sobre a "difícil" situación que están a atravesar varios estaleiros da cidade, que levan moito tempo sen carga de traballo. Con ese fin, manterá un encontro cos secretarios do naval das tres centrais sindicais, UXT, CCOO e CIG aos que lles tamén lles transmitirá que contan "con toda a nosa cooperación para espertar ás administracións do seu letargo".
Referiuse o rexedor á falta de acción da Xunta de Galicia e do Goberno de España en defensa dos estaleiros vigueses, "cando os do País Vasco ou de Asturias se teñen traballo". Instou a estas administracións a "moverse" porque na contratación de barcos, ademais da situación do mercado, "ten moito que ver a xestión dos gobernos".
Explicou que apoiar a un sector non "é vir a Navalia a dicir que todo está ben" -en referencia ás visitas de distintos membros dos gobernos galego e central á última edición desta feira internacional que se ven de organizar no Ifevi. Na súa opinión, estas dúas administracións deben comprometerse na defensa do sector naval porque ata o de agora "nin o fixeron nin o fan". Durante a súa intervención, Caballero lembrou as mobilizacións que encabezou hai dous anos en defensa do tax lease e apuntou que algunhas empresas viguesas volven estar "nunha situación límite".
Descargar todas as imaxes