Escoitar

Xornadas sobre "Novos enfoques da educación desde a perspectiva de igualdade de xénero"

A concelleira Lucía Molares inaugurará, o xoves ás cinco da tarde no MARCO, as xornadas "Novos enfoques da educación desde a perspectiva de igualdade de xénero" organizadas polo Proxecto Conta con Elas en colaboración co Centro de Formación e Recursos da Consellería de Educación (CEFORE) de Vigo.

mércores, 4 out 2006
As xornadas terán lugar durante os días 5, 6 e 7 de outubro e están dirixidas a profesionais do ensino de todos os niveis, educadores e educadoras, profesionais de escolas obradoiro, profesorado de formación ocupacional e calquera persoa interesada na igualdade na educación. Están inscritas máis de 120 persoas.

O Proxecto, cun orzamento de cerca de tres millóns de euros, ten como eixo central a sensibilización, especialmente a sensibilización empresarial e laboral para diminuír a segregación laboral das mulleres. O Proxecto Conta con Elas impulsará e favorecerá o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo.