Escoitar

O Celta enfrontarase ao Boavista Fútbol Club no XXXVI Trofeo Cidade de Vigo

O encontro, presentado pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, terá lugar o vindeiro venres 6 de outubro ás 21 horas no Estadio de Balaídos.

mércores, 4 out 2006
1159964659futbol.jpg
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores en rolda de prensa unha nova edición do Trofeo Cidade de Vigo que habitualmente disputase no mes de agosto e que este ano tipo que aprazarse uns meses polo estado do terreo de xogo . Ademais da concelleira de Deportes estiveron na presentación do torneo representantes da xunta directiva do club, de "El Corte Inglés" e varios xogadores do primeiro equipo.

O partido será gratis para os nenos e nenas ata os 14 anos, ademais todos aqueles xoves que asistan ao encontro coa cara pintada coas cores do Celta recibirán un agasallo sorpresa.

O Trofeo Cidade de Vigo é un dos torneos de prestixio por onde pasaron equipos como o Chelsea, Oporto, Barcelona, Benfica, Real Madrid, Athletic de Bilbao, Atletic de Madrid, Fiorentina, Inter de Milán ou Zaragoza.
Descargar todas as imaxes