20 prazas gratuítas para formación en igualdade de oportunidades
O Proxecto Conta con Elas ofrece 20 prazas gratuítas para o módulo "Economía e xénero" de 60 horas de duración que forma parte do "Master en Xénero, Educación, políticas de igualdade e liderazgo" que organiza a Universidade de Vigo.<br />
As persoas prioritariamente destinatarias da formación son o persoal de recursos humanos e mandos intermedios de empresas, asemade tamén poderán solicitar praza persoal técnico en inserción laboral ou que traballe con colectivos de mulleres e persoal que traballe no ámbito da igualdade de oportunidades. Tamén poden acudir á convocatoria persoas que traballaran nos últimos dous anos en calquera dos ámbitos anteriormente mencionados e estean agora en situación de desemprego.
As persoas que queiran concorrer á selección deben ser residentes no territorio da Mancomunidade de Vigo e presentar a súa solicitude antes do día 20 do mes de setembro. O proceso de selección de persoas candidatas será por concurso de méritos. Pódese encontrar máis información no sitio web do Proxecto Conta con Elas (www.contaconelas.org).
O Proxecto Conta con elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.