mércores, 28 xan 2004
A Asociación de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (ADR–MAIV) vén de convocar un réxime de axudas que, abranguidas no ámbito de actuación do programa PRODER II, pretenden facilitar a asociacións, empresas e conxunto da poboación o acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación. Por isto, a ADR-MAIV presenta catro liñas de axuda que se concretan da seguinte forma: dotación informática de asociacións, dotación informática de empresas, sensibilización cara ás novas tecnoloxías da poboación en xeral e sensibilización cara ás novas tecnoloxías das empresas.
martes, 27 xan 2004
O Proxecto Compás está a elaborar unha guía de linguaxe non sexista co título "A linguaxe fainos iguais" dirixida a entidades públicas e organismos que participen en programas de fomento do emprego.
venres, 23 xan 2004
O vindeiro martes 27 de xaneiro, o Proxecto Compás inicia un novo ciclo de formación cun seminario e un simulador empresarial, dirixidos a persoas emprendedoras interesadas en deseñar e executar o seu propio plan de negocio. A Confederación de Empresarios de Pontevedra, un dos socios do Proxecto Compás, será a encargada de desenvolvelos.
martes, 13 xan 2004
Corina Porro e José Enrique Sotelo anunciaron que o conselleiro de Xustiza, Xesús Palmou, visitará Vigo nos vindeiros días e entregará o borrador modificado co proxecto da Lei da Área Metropolitana
martes, 18 nov 2003
O Alcalde e presidente da Mancomunidade de Vigo, Ventura Pérez Mariño, calificou de ambicioso e importante o Programa PRODER II que hoxe foi presentado no Castelo de Soutomaior, nun acto no que tamén participaron o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Juan Manuel Diz Guedes; e o Alcalde de Soutomaior e presidente da ADR-MAIV, Agustín Reguera Ocampo.
martes, 4 nov 2003
O Proxecto Compás da Mancomunidade de Vigo pon en marcha esta semana os pools de recursos (centros de recursos infórmaticos) e os clubs de emprego para as persoas usuarias do proxecto. Estes clubs de emprego e os pools terán sedes nos concellos de Vigo, Porriño e Redondela.
martes, 28 out 2003
O número total de aspirantes para as prazas incluidas na oferta pública de emprego público do ano 2002 é de 1.931. Segundo previsións do Goberno municipal, as probas, que xa deron comenzo, rematarán antes de fin de ano e os exames celebranse tamén os sábados, atendendo á petición dos propios solicitantes.
xoves, 9 out 2003
A Mancomunidade de Vigo terá xerente despois de que este cargo estivera vacante durante algo máis de dous anos. Norman Pérez Sánchez-Orozco tomará posesión do seu cargo nos próximos días, despois de que un tribunal formado por representantes municipais de toda a Mancomunidade e de todos os partidos políticos o elixira o pasado luns día 6.
venres, 26 set 2003
O Proxecto Compás-Equal inicia a segunda fase de formación do Proxecto Compás con novas accións de aprendizaxe profesional xestionadas polas entidades asociadas CCOO, CIG, UGT, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, e a Mancomunidade de Vigo.
mércores, 2 xul 2003
Iníciase en Vigo o terceiro encontro de cooperación transnacional Proqualitas, organizado polo Proxecto Compás da Agrupación de Desenvolvemento Equal Área Metropolitana de Vigo. Este encontro ten como finalidade principal a exportación ou a adopción de novos enfoques de traballo no eido do emprego.